Colectivo Outubro.

    Comparte

    Trabant
    Revolucionario/a
    Revolucionario/a

    Cantidad de envíos : 688
    Reputación : 767
    Fecha de inscripción : 17/12/2013
    Edad : 35
    Localización : Vigo

    Colectivo Outubro.

    Mensaje por Trabant el Miér Ago 27, 2014 5:40 pm

    A raíz de la manifestación del día de la nación gallega he visto tras la manifestación soberanista algunas pegatinas de un colectivo nuevo autodefinido como " marxista leninista" que se hace llamar Colectivo Outubro. He indagado en su blog y parecen una organización fantasma. Os dejo el Link por si queréis echarle un vistazo y a ver que podéis opinar al respecto.

    Trabant
    Revolucionario/a
    Revolucionario/a

    Cantidad de envíos : 688
    Reputación : 767
    Fecha de inscripción : 17/12/2013
    Edad : 35
    Localización : Vigo

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por Trabant el Miér Ago 27, 2014 5:41 pm

    Este es el vínculo:

    http://colectivooutubro.blogspot.com.es/?m=1

    Trabant
    Revolucionario/a
    Revolucionario/a

    Cantidad de envíos : 688
    Reputación : 767
    Fecha de inscripción : 17/12/2013
    Edad : 35
    Localización : Vigo

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por Trabant el Miér Ago 27, 2014 5:50 pm

    Está en Galego, si lo necesitáis os traduzco si quieres... Esque me he quedado un poco perplejo y necesitaba opiniones. Gracias

    Danielovich
    Revolucionario/a
    Revolucionario/a

    Cantidad de envíos : 770
    Reputación : 829
    Fecha de inscripción : 18/12/2013
    Edad : 21
    Localización : Galiza , aunque sobre todo en el mundo

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por Danielovich el Jue Ago 28, 2014 12:54 pm

    Tienen una buena ideología pero seguramente si no tienen presencia en ningún lado serán una organización fantasma

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 9:44 am

    Si, es un colectivo comunista de Santiago de Compostela, aunque estan en gallego y no tengo tiempo para tradacirlos publico los comunicados que fueron sacando.

    Colectivo Outubro escribió:DÍA DA PATRIA 2014: LIBERAR A NOSA CLASE PARA LIBERAR O NOSO POBO.

    Achégase un ano máis o 25 de xullo, Día da Patria Galega, a situación económica e social non podía ser peor para o pobo traballador galego. No plano económico reina o paro e a precariedade laboral, asentados sobre a reforma laboral aprobada nas cortes fascistas ca firma da patronal e as mafias sindicais. Por outra banda o réxime nega os máis elementais dereitos democráticos, tales como a autodeterminación, o dereito de reunión e manifestación, as liberdades sindicais... por medio da represión.

    Nos últimos meses sucedéronse diversas actuacións represivas levadas a cabo por parte do Estado Español, exemplarizadas na detención, encercalemanto e dispersión da independentista galega María Osorio, esta reacción ante a loita popular contará cun novo marco legal aínda máis restrictivo: a Lei Mordaza.

    Ante esta situación so nos queda saír a rúa un ano máis, tendo claro que só a clase obreira e os sectores populares poden resolver os problemas nacionais e democráticos da Galiza. Deste xeito únicamente ligando a loita pola liberdade da nosa nación ao resto de loitas populares como a demanda da amnistía dos presos políticos, ou a loita contra a explotación patronal poderemos vencer.

    Mais tamén debemos facer especial fincapé este 25 de xullo na solidariedade internacionalista ca Ucraína antifascista e co pobo palestino que están loitar contra a ofensiva internacional do imperialismo e do fascismo.

    Finalmente,en relación á autodeterminación, hai que ter claro que o dereito da Galiza a separarse do Estado Español ou a unirse en plena igualdade a outros pobos precisa da organización da clase traballadora e de todos os antifascistas co fin de desenmascarar as institucións burguesas, os sindicatos vendeobreiros , as mascaradas electorais e as forzas policiais e represivas deste estado, exercendo a desobediencia civil e o boicot para aislar o réxime.

    POLA AUTODETERMINACIÓN DO POBO GALEGO,
    REPÚBLICA POPULAR!

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 9:49 am

    Colectivo Outubro escribió:Comunicado ante a detención de Raul A.C.
    RAUL LIBERDADE!




    O venres tres deste mes foi secuestrado sobre as tres da tarde o militante independentista Raul A. C. Para isto foron desprazados un Número desorbitado de efectivos da Guardia Civil dende Madrid, para inmediatamente ser rexistrado o seu domicilio. Ao acabar o rexistro, Raul foi trasladado a Madrid baixo a aplicación da Lei Antiterrorista. Despois de tres duros días incomunicado foi trasladado a Soto del Real, sen posibilidade de saír en liberdade baixo fianza. Tanto o informe policial como os medios tachárono de perigoso terrorista.

    Nós entendemos que para o pobo traballador galego non existe máis terrorismo que o causado por este sistema socioeconómico e polo estado policial baixo o cal vivimos. O único terrorismo que existe a día de hoxe na Galiza é o paro, a emigración, as pésimas condicións de vida dos traballadores e a represión policial. Raul non é ningún terrorista, quen o coñeceu non pode ter máis opinión del que a dun mozo comprometido, bo e solidario. Eses son precisamente os motivos polo cal o deteñen: por non calar, por loitar, por non permitir as inxustizas. A nós escandalízanos a miseria, escandalízanos que calquera político ou alcalde poida dar vivas a un xenocida como Franco. Temos claro os que son verdugos e os que son vítimas, por moito que os medios de manipulación queiran inveritr os termos.


    Evidentemente non imos negar a existencia da violencia política na Galiza pero temos claro que é froito da intransixencia do Estado español. Eles son os que forzan a moitos mozos a adoptar a vía da loita armada. O caso de Catalunya está evidenciando que non hai posibilidade de diálogo nin de solución política ao problema  das nacións oprimidas do Estado. Indiferentemente da nosa opinión a realidade é que na Galiza existe un problema político que só pode ser resolto politicamente, mais estes fascistas só parecen entender de reprimir, meter medo e dar paus. Así mesmo o Colectivo Outubro denuncia todo o entramado lexislativo fascista. Estamos pola derrogación da lexislación e tribunais especiais  para delitos  políticos, coñecidas como “Lei Antiterrorista” e  como Audiencia Nacional. Corpus xurídico herdado directamente do franquismo na chamada “transición”. Esiximos indubidabelmente a liberdade inmediata de Raul e de todos o presos políticos.

    Raul liberdade!
    Por unha Galiza libre: abaixo o fascismo!
    Amnistía total!

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 9:55 am

    Colectivo Outubro escribió:




    Ante a convocatoria de folga estudantil do 21 ao 23 de outubro.

    É ben coñecida por todos a difícil situación da mocidade galega, especialmente dende o comezo da crise. O panorama económico non podería ser peor: un paro xuvenil de más do 40%, traballos precarios na máis inmunda explotación e na maior parte de carácter temporal, miles de mozos forzados a emigrar, etc.

    Por outra banda, os que decidiron continuar os seus estudos só se atopan con dificultades á hora de poder pagalos, causa esta da subida de taxas sumado aos recortes e dificultades ao acceso ás bolsas. Aínda por riba, dende o Plan Bolonia queda imposibilitada a idea de compatibilizar estudo e traballo. Nesta dura conxuntura, o goberno, ao servizo da oligarquía, continúa co seu plan de apartar aos mozos de extracción popular da universidade, así como de converter as universidades en anexos das grandes empresas. Nesta liña vai a LOMCE e a Estratexia Universidade 2015, que potenciarán a entrada do capital privado na universidade. No plano ideolóxico o ataque é similar: búsqueda da destrución da lingua galega así como a intromisión da relixión no ensino.

    A pesares desta grave situación, o estudantado aínda non conta con ningún órgano de decisión e organización, sendo esta realidade aproveitada por sindicatos oportunistas como o Sindicato de Estudantes (SE) para desmobilizar con folgas-farsa, así como para atraer xente á súa órbita, podendo así chupar máis do bote das subvencións. Esta folga foi convocada unilateralmente polo S.E. sen consultar, nin intentar confluír forzas con ningunha das existentes organizacións estudantís, nin co estudantado en xeral.

    Así chamamos aos estudantes a non secundar a folga, mais si a organizarse e loitar; a facer da nosa forma de loita a asemblea e a elección de delegados revogables; a deixar xa de confiar nestes sindicatuchos vende-estudantes; así como a unir as nosas esixencias ás do resto da mocidade traballadora e da clase obreira no seu conxunto. Pois só unificando nun torrente de loita as diferentes reivindicacións, sexan económicas ou políticas, poderemos acabar con este réxime da opresión e da miseria.


    FOLGA SI, PERO NON ASÍ!

    FÓRA OS SINDICATUCHOS VENDE-ESTUDANTES!

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 9:59 am

    Colectivo Outubro escribió:Transición e Constitución de 1978




    Este 6 de decembro celébrase o 36º aniversario da "aprobación" en urnas da Constitución Española. Así dende as altas esferas tiran confeti e vivas a España: é a festa da democracia. Mais deixando á marxe as fabulosas mentiras que proclaman estes politicuchos de toda cor, analicemos brevemente a realidade do que foi a transición e a proclamación da Constitución de 1978.

    Como data de arranque situarémonos en 1969 cando Franco nomea ao seu fiel cachorro sucesor, saltándose deste xeito a liña dinástica dos Borbóns. Todo vale por ter a un aférrimo defensor dos principios do Movimiento Nacional, ou polo menos así o xurou el mesmo. Estes anos, os 60 e 70 estarán marcados pola ruptura do PCE e a aparición de novas organizacións comunistas como: ORT, PCE(m-l), OMLE, PCE(i) entre outras. E por outra banda situámonos nos albores da loita nacional vasca así como a creación e desenvolvemento da UPG na Galiza. Como todos sabemos, a día de hoxe poucas destas organizacións seguen firmes nos seus principios, ou sequera existen. A creación de todas estas organizacións foi paralela a un forte incremento das mobilizacións polas liberdades políticas, polo auxe do movemento obreiro e da loita pola amnistía.

    Chegado ao 1975 morre Franco e é nomeado rei D. Juan Carlos; a continuación as Cortes Franquistas convocan unhas eleccións lexislativas, as cales maxicamente ao saír os resultados os electos auto-outórganse a lexitimidade para elaborar unha Constitución. Isto evidentemente non ten ningún tipo de lexitimidade nin para a propia legalidade burguesa. Pois, un proceso real de ruptura democrática só podería ter pasado pola creación dun goberno provisional, a apertura dun período CONplenas liberdades políticas coa conseguinte amnistía total para posteriormente convocar unhas eleccións constituíntes. Xa que para que un proceso electoral teña lexitimidade primeiro teñen que haber liberdades plenas.

    A realidade en cambio foi unha terrible represión con centos de mortos neste período. O ruído de sables como elemento de control social polo pánico. A autoaplicación da amnistía aos fascistas torturadores e cómplices do réxime, mais non a todos os antifascistas. Así como a non legalización dos partidos que se negaban a pasar polo aro. A todo isto súmaselle a continuidade absoluta do aparato estatal, policial, xurídico e militar do franquismo á democracia. Así como a incuestionabilidade da monarquía e da unidade de España. Ante todo isto pódese concluír que non houbo ningunha transición, nin constitución democrática dende o 1936 a día de hoxe.

    A Constitución de 1978 só se pode entender como a instucionalización do fascismo no Estado Español. Cousa que podemos observar nas rúas hoxe máis que nunca. O fascismo é misera e opresión para o pobo. Ante isto, alcemos a bandeira da loita antifascista!

    POLA REPÚBLICA POPULAR E O SOCIALISMO:
    ABAIXO O RÉXIME FASCISTA!

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 10:01 am

    Colectivo Outubro escribió:O 26 de febreiro: Tod@s á folga!

    Basta xa de pisotear ao estudantado, non tiñan suficiente con implantar a LOMCE, con subir as taxas, con dificultar o acceso aos fillos dos traballadores obstaculizando a obtención de bolsas e con reválidas. Non, non lles bastaba, na súa estratexia de facer da universidade un negocio propio e ao servizo de bancos e grandes empresas, a USC, no claustro celebrado o 18 de novembro de 2014, aproba a venda das facultades de Enfermería e Maxisterio (reubicando aos estudantes noutras facultades xa masificadas), así como a redución de 300 postos de traballo para os próximos 3 anos, mediante non-renovacións e xubilacións forzosas.

    A isto se lle vén sumando a aprobación do novo plan universitario 3+2, que implica unha redución do grao a 3 anos e un aumento do máster a 2. Desta forma, o grao vai ser máis xeralista e se fará máis preciso o estudo dun máster, cuxas matrículas son extremadamente caras. Isto precarizará aínda máis o noso ensino e poranos moi difícil aos fillos dos traballadores poder estudar unha carreira universitaria.

    Ante isto as distintas Asembleas Abertas xunto con outras organizacións estudantís deciden convocar Folga o día 26, unificando todas as revindicacións propias de cada facultade, mais non quedándose en loitar por fungallas, senón reclamando o ensino que nos corresponde: un ensino popular, non patriarcal e en galego!

    PARA este fin organizáronse e estanse a organizar Comités de Folga en cada centro de ensino, coordinándose todos eles por medio de representante escollidos democraticamente e revogables en calquera momento, método de organización que está a demostrarse o máis útil e democrático. Dende o Colectivo Outubro animámosvos a todos os estudantes a participar no comité de folga dos vosos centros de estudo, á marxe dos chanchulleos do Sindicato de Estudantes e outras organizacións estudantís.

    Pero temos que ter claro que a vitoria só é posible xuntando forzas co resto de loitas populares, unificando cada reivindicación concreta, xa sexa contra o paro, a precariedade, ou a represión nun só torrente de loita na rúa. Neste largo camiño debemos organizarnos ao marxe e desfacernos de aquelas organizacións sindicais que lastran o avance do movemento estudantil, preguntándonos a cada paso que damos cara onde nos diriximos, evitando caer no culto a folga e fuxindo das convocatorias de certas organizacións (como o SE) que teñen como único fin desmoralizar e desmobilizar o movemento estudantil.

    De cara ao día 26 chamamos a todos os estudantes a secundar a manifestación as 11.30 na Alameda e a realizar piquetes, defendendo cos medios que sexa preciso o dereito a folga e o éxito da mesma; e revindicando con máis forza que nunca a absolución dos tres compañeiros represaliados por protestar contra Feijoo, así como o cese absoluto da represión contra o movemento estudantil.

    Finalmente queremos facer un chamamento a non desaproveitar a coordinación que entre os diversos centros de estudo está xurdindo, por medio da cal estamos compartindo experiencias e aumentando exponencialmente a nosa capacidade de loita. Da Coordinadora de Comités de Folga debe quedar unha experiencia organizativa que permita darlle continuidade á loita ata acadar todos os nosos obxectivos, cuxa estrutura debe basearse na organización asemblearia e na elección de representantes revogables en calquera momento.

    Por un ensino ao servizo do pobo!
    Absolución estudantes represaliados!

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 10:06 am

    Colectivo Outubro escribió:A loita das mulleres traballadoras




    Con motivo do Día da Muller Traballadora, 8 de marzo, convén que reflexionemos sobre a situación na que se atopa a muller traballadora e a súa loita pola emancipación de xénero. Polo tanto, é un día para recordarnos a importancia da cuestión da muller no marco da loita pola emancipación da clase obreira.

    As orixes do Día da Muller

    Aínda que as orixes deste día remóntanse ao Woman’s Day de 1908, celebrado polas sufraxistas estadounidenses, esta xornada pronto adquiriu reivindicacións de carácter obreiro cando as mulleres traballadoras, ante a súa enorme sobreexplotación por parte dos patróns, déronlle tamén importancia ás reivindicacións pola mellora das condicións laborais. Así, en 1910, a II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas decide, a proposta de Clara Zetkin, comezar a celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora. Por outra banda, cabe destacar que o primeiro país do mundo en decretar oficial este día foi, sintomaticamente, a Unión Soviética, o primeiro Estado obreiro existente.

    Polo tanto, sen entrar en facer análises históricas máis profundas, vemos que aínda que dende a Revolución Francesa as mulleres burguesas viñan reclamando ter as mesmas cotas de poder que os homes da súa clase acadaran, pronto, co auxe do movemento obreiro, foron as mulleres traballadoras as que enarbolaron a loita pola liberación da muller.


    A situación da muller traballadora hoxe

    Nos nosos días vemos como o pobo padece unha situación crónica de pobreza, pero son as mulleres as que máis sofren esta situación: cobran menos polo mesmo traballo, sonlles postas trabas para abortar, senten unha gran presión social sobre os seus corpos e sobre a súa forma de comportarse, son as que padecen máis violencia na intimidade da parella, etc.

    As mulleres, historicamente, viñeron desenvolvendo o traballo doméstico, o traballo destinado a facer que os traballadores repuxeran as súa forza de traballo. Este traballo non foi remunerado e, polo tanto, minusvalorado, a pesar de ter unha vital importancia na produción. Sen embargo, hoxe en día vemos que, a pesar da súa incorporación ao traballo, seguen sendo elas as que cargan, por norma xeral, coa maioría do peso do traballo doméstico así como co da cría dos fillos.

    Ademais das cuestións mencionadas, a muller é educada dende a infancia na submisión, na debilidade, na dependencia, mentres que os nenos dende ben pequenos son criados cos valores contrarios: a independencia, a responsabilidade, a toma de decisións… prepáranos para o traballo fóra da casa. Os valores que adquirimos cando somos pequenos condicionan o noso carácter (debemos ter presente que esta é unha das barreiras principais que as mulleres teñen para entrar a facer un traballo político).

    Porén, a pesares de ter agora a condición de dobremente explotadas –polo patriarcado e polo capitalismo-, a incorporación da muller ao mundo laboral foi positiva. A muller fíxose máis independente e adquiriu conciencia da súa explotación de xénero, xa que despois da mesma xornada laboral tiña que facer ela soa todos os traballos domésticos, o que lle fixo preguntarse a razón para tal cousa. Ademais, adquiriu conciencia de clase, da explotación da clase obreira no seu conxunto, ao ter que enfrontarse ás penurias do traballo asalariado.

    Polo tanto, a muller comeza a participar na loita de clases tomando conciencia da súa situación. É dicir, a incorporación da muller ao mercado laboral, tamén é a incorporación da muller á resistencia, á loita pola liberación de toda a humanidade. Isto fai que se incorporen máis persoas ás fileiras da revolución. Polo tanto, a loita das mulleres é a loita de toda a clase traballadora, é a loita de todos nós.

    Por iso concluímos que as mulleres traballadoras están dobremente explotadas, pola súa condición de mulleres e como traballadoras, e, polo tanto, a súa loita reviste dun dobre carácter: contra o patriarcado e contra o capitalismo. Por iso debemos facer especial fincapé na incorporación da muller á loita contra este sistema que nos oprime xa que sen a metade do pobo traballador non hai revolución.


    A situación dos movementos “feministas”

    Non podemos falar da existencia dun “movemento feminista” en singular, xa que nos referimos a un movemento que é reflexo dun sector da sociedade e, ao igual que esta, tamén se atopa dividido en clases sociais e, polo tanto, en diferentes movementos con diferentes reivindicacións segundo cada un.

    Por un lado, atopámonos cunha especie de feminismo promovido especialmente dende as institucións, cuxo único fin é darlle aos movementos reaccionarios un lavado de cara puramente hipócrita para quedar ben de cara á galería da farsa parlamentaria.

    Isto é algo que non beneficia ás mulleres obreiras, ás que lles resulta irrelevante que o seu explotador sexa home ou muller, xa que o que lles interesa é que se abola todo privilexio de clase. Isto é o que leva ao movemento feminino de carácter obreiro a encadrarse dentro do resto de loitas do pobo traballador para golpear todos xuntos ao mesmo tempo contra este sistema opresor.

    Polo tanto, dende o Colectivo Outubro cremos que cómpre promover un movemento feminino de clase, que faga que as mulleres máis humildes tomen conciencia e loiten pola súa liberación. Fai falla un movemento feminino que non desvíe a maior parte dos nosos esforzos en cuestións de importancia secundaria nos nosos días.


    Para nós son exemplo…

    Existen numerosos exemplos de mulleres que se ergueron contra a súa opresión e a de todo o pobo, como as estudantes de México que hoxe loitan con valentía contra o estado que asasinou a 43 estudantes por protestar; como as mulleres que serven na resistencia antifascista no Donbass ou as que loitan na selva da India coa guerrilla naxalita, que ten, a día de hoxe, un 40% de mulleres en todos os postos de responsabilidade, incluída a primeira liña da lume.

    Tamén no Estado Español temos exemplos, como as mulleres que loitaron na resistencia antifascista nos primeiros días da guerra, como Rosario Dinamitera ou as coñecidas trece rosas; como as mulleres maquis, como as irmás galegas Antonia e Chelo Rodríguez ou como as que loitaron contra o fascismo nos nosos días, como a comunista Isabel Aparicio. Nunca puideron con ela, nunca claudicou, por iso a deixaron morrer na cadea negándolle a asistencia médica o pasado 1 de abril, ao igual que queren facer con Arantza Díaz, comunista encerrada en prisión gravemente enferma de cancro condenada a padecer unhas condicións durísimas -como negarlle a calefacción en inverno- que dificultan enormemente a súa recuperación.


    Por todo isto, dende o Colectivo Outubro berramos:

    Sen mulleres non hai revolución!
    8 de marzo son todos os día
    s!

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 10:07 am

    Colectivo Outubro escribió:[10-Marzo] En recordo do día da Clase Obreira Galega


    O 10 de Marzo celebramos o Día da Clase Obreira Galega, unha efeméride que é oficial dende o ano 2006 e que coincide adrede coa mesma data na que morreron dous traballadores de Bazán: Amador Rey e Daniel Niebla, que participaban nunha mobilización enmarcada na folga xeral de Ferrol de
    1972.

    Para comprender estes feitos hai que ter en conta que nos anos 60 producíronse na Galiza grandes transformacións económicas que se acompañaron dun aumento das migracións interiores. Moitos campesiños pobres acudiron a cidades coma Vigo ou Ferrol atraidos polo emprego das fábricas e da construcción naval. Este novo proletariado industirial protagonizou numerosos conflictos laborais e, xunto coas reprimendas do réxime en forma de represión e de despedimentos, estas loitas adquiriron un maior contido político. Todo isto acompañouse da formación dunha vangarda obreira que rompeu co reformismo e organizouse para levar a cabo a loita revolucionaria.

    O 9 de Marzo de 1972, no estaleiro Bazán de Ferrol os traballadores encerráronse na fábrica, reivindicando a mellora das condicións de vida da súa clase e o dereito a negociar un convenio PARA os traballadores da súa factoría. A policía desaloxounos pola forza e os obreiros saíron á rúa, buscando a solidariedade doutros traballadores e difundindo a súa situación ante todo o pobo. A policía, armada con pistolas e metralletas, disparou ante uns manifestantes que se denfenderon con paus e pedras e que incluso lograron facer retroceder á policía. O tráxico resultado saldouse co asasinato a mans da Policía Armada dos obreiros Amador e Danial, un centenar de feridos e varios detidos que foron dispersados polos calabozos do Estado Español.


    A esta loita obreira seguíronlle outras accións de solidariedade en Maio en Barreras e tamén noutros estaleiros de Vigo. En setembro do mesmo ano os traballadores de Citroën Vigo iniciaron unha folga pero foron duramente reprimidos. En resposta foi convoda unha Folga Xeral Revolucionaria que durou 15 días, durante os cales organizáronse piquetes, levantáronse barricadas e convertiuse a cidade nun campo de batalla. Finalmente os fascistas tiveron que ceder e facer algunhas concesións para lograr que se puxese fin á folga, como a readmisión de boa parte dos seis mil despedidos. Unha vez os obreiros se reintegraron no traballo, desencadenouse unha dura represión pero en xeral o movemento obreiro e sindical saíu enormemente reforzado, logrando importantes conquistas sociais e laborais.

    Amador e Daniel, sempre na memoria!

    boltxevique123
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 8
    Reputación : 8
    Fecha de inscripción : 06/04/2015

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por boltxevique123 el Lun Abr 06, 2015 10:29 am

    Colectivo Outubro escribió:[14 de abril]. POLA REPÚBLICA POPULAR.



    O 14 de abril de 1931 proclamouse a Segunda República, como resultado da vitoria nas eleccións municipais dos partidos republicanos e socialistas e a renuncia á xefatura do Estado do Rei Alfonso XIII. Os e as comunistas do PCE, saíron á rúa para denunciar o carácter burgués do novo réxime baixo as proclamas “¡Abaixo a República Burguesa!, ¡Vivan os soviets!”.  Mais esas posturas esquerdistas serían corrixidas co desenvolvemento do partido e ca comprensión do avance histórico que supoñía a proclamación da república, como a propia experiencia do Frente Popular demostraría.Xa daquela entendían que por si só, o feito de eliminar a figura do monarca, non significa unha conquista da democracia para os traballadores e as traballadoras, pois esta tan só pode ser acadada coa instauración do socialismo e a posta dos medios de produción en mans do pobo.

    No ano 1936 tivo lugar no Estado Español un fracasado Golpe de Estado de carácter fascista, dirixido nun principio por Emilio Mola e máis adiante por Francisco Franco, que desembocou nunha longa guerra civil que lle custou a vida a máis de medio millón de persoas e permitiu a  implantación dun estado terrorista que dende o ano 1939 vén permitindo un desenvolvemento do capitalismo a costa do establecemento dun réxime de terror e de falta de liberdades, xunto coa explotación da clase obreira, do campesiñado, da pequena burguesía... por parte do gran capital financeiro. Pero esta transformación de país semifeudal a estado capitalista tamén converteu ao proletariado na clase social máis numerosa e na vangarda da loita contra o fascismo.

    Con todo, a situación política que seguiu a morte de Franco, caracterizouse pola ausencia dun proceso transaccional real, que rompese coa ditadura, xulgara os crimes do franquismo e regresase á legalidade republicana. Pola contra, o xenocidio fascista quedou impune como resultado da promulgación da Lei de Amnistía de 1977, que deixou libres de ser xulgados a todos os criminais afíns ao réxime. Un ano despois, coa aprobación da Constitución Española de 1978  o fascismo rematou de institucionalizarse no noso  estado, perpetuando así a opresión e a miseria do capitalismo.

    Polo tanto, do grado de desenvolvemento alcanzado dedúcese que a revolución pendente é a socialista, mais toman especial importancia a conquistas democráticas  do conxunto do poboque suprimiu o fascismo dende o golpe de estado.  Pero temos que ter claro que un simple cambio na xefatura do estado que non resolve os problemas das clases populares. O que os traballadores realmente precisan é dunha República Popular dirixida polo proletariado que leve a cabo unha serie de cambios democráticos e revolucionarios que serán a base da construcción socialismo:

    - Rematar coa represión: disolución de todo o entramado lexislativo e represivo e amnistía para os presos e as presas políticos/as.

    - Mellorar as condicións de vida do pobo: dereito real á vivenda e ao traballo, redución da xornada laboral, liberdades políticas e sindicais plenas, eliminación do patriarcado, educación e sanidade públicas e de calidade etc.

    - Dereito de autodeterminación: dereito dos pobos que conforman o Estado Español a estruturarse de maneira independente se así o decidisen e a escoller a súa forma de goberno.

    - Saída da UE e da OTAN: abandono inmediato de toda organización imperialista, xunto coa práctica dunha solidariedade activa con todos aqueles pobos agredidos polo imperialismo e en loita contra este.

    POLA REPÚBLICA POPULAR:                                    

    ¡ORGANÍZATE E LOITA!

    PARA MÁIS INFORMACIÓN MIRAR: colectivooutubro. blog spot. co m. e s/ (ESTA SEPARADO)

    Contenido patrocinado

    Re: Colectivo Outubro.

    Mensaje por Contenido patrocinado Hoy a las 3:27 am


      Fecha y hora actual: Sáb Dic 03, 2016 3:27 am