[Comunistas da Galiza-PCPE y CMC] Comunicado de solidariedade coa loita mariñeira.

Comparte
avatar
PIELROJA
Gran camarada
Gran camarada

Cantidad de envíos : 462
Reputación : 642
Fecha de inscripción : 07/08/2010

[Comunistas da Galiza-PCPE y CMC] Comunicado de solidariedade coa loita mariñeira.

Mensaje por PIELROJA el Jue Mar 13, 2014 6:49 pm

Comunicado de solidariedade coa loita mariñeira.



AS COTAS DE PESCA DA UE SON AS COTAS DA FAME.

O GOBERNO DO CAPITAL RESPOSTA CON REPRESIÓN SALVAXE Á LOITA DOS MARIÑEIROS.

Comunistas da Galiza-PCPE e os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC), denunciamos a salvaxe carga policial coa que o Goberno do PP, representante dos intereses dos monopolios, está a respostar á xusta loita dos mariñeiros contra as cotas do xurelo.

Este reparto de cupos deseñado polos ministros de pesca da Unión Europea agravada pola suba dos prezos dos insumos, nomeadamente o gasoil, condenan practicamente á desaparición a unha frota, como é a do cerco galego, baixo as miserentas cotas do xurelo e a rincha impostas polos monopolios europeos. Estes, a través das súas institucións e gobernos ao seu servizo, inpóñennos canto e onde podemos pescar, a quen mercar, a quen vender e a que prezos, sendo o estado español un dos máis prexudicados no reparto de cotas pesqueiras da UE, pasando de representar o 52% da capacidade pesqueira da UE en 1985, ao 39% en 2011.

Pouco importa a esas aves de rapina e os seus representantes políticos que se non pescamos non coman os nosos fillos, que co prezo do gasoil imos gañar máis amarrados que saíndo a pescar baixo as cotas da fame impostas pola UE do capital.

O acontecido o 11 de Marzo en Compostela, onde a descomunal carga policial saldouse con mariñeiros feridos e detencións, é unha nova mostra do que nos agarda a toda a clase obreira e o resto do pobo traballador se non somos quen de erguer unha Fronte única contra as políticas dos monopolios, os seus gobernos (europeo, español e autonómico), xerentes todos do Capital e inimigos dos mariñeiros, da clase obreira e dos pequenos produtores abocados á ruína e a proletarización en aras da máxima ganancia para o capital monopolista.

A malleira do 11M vai máis alá dun “exceso” no que as forzas represivas do sistema levaron por diante a familias enteiras con cativos e a cargos públicos electos. É un episodio que se encadra na guerra de clases que é na única lóxica posíbel para o capitalismo imperialista en descomposición: o endurecemento da ditadura do capital e a escalada represiva como estratexia da clase dominante para frear a loita organizada da clase obreira e sectores populares empobrecidos fronte ao avance da explotación e a miseria.

Fai falla unha soa Fronte Obreira e Popular contra o capital, os seus administradores e os seus cans de presa.

NÓN Á REPRESIÓN!

DIMISIÓN DA CONSELLEIRA DE PESCA E DO DELEGADO DO GOBERNO!

NON ÁS COTAS DA FAME!

SOLIDARIEDADE COA LOITA MARIÑEIRA!

SAÍDA DA UNIÓN EUROPEA!


https://www.facebook.com/notes/comunistas-da-galiza-pcpe/comunicado-de-solidariedade-coa-loita-mari%C3%B1eira/611908808886778

    Fecha y hora actual: Dom Nov 19, 2017 2:15 am