[Comunistas da Galiza-PCPE y CMC] 10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega

Comparte
avatar
PIELROJA
Gran camarada
Gran camarada

Cantidad de envíos : 462
Reputación : 642
Fecha de inscripción : 07/08/2010

[Comunistas da Galiza-PCPE y CMC] 10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega

Mensaje por PIELROJA el Lun Mar 10, 2014 8:45 pm

[GZ] 10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega

ASEMOS Á OFENSIVA! POLOS NOSOS DEREITOS! A NOSA FORZA É A UNIDADE!

OU ELES OU NÓS! TODO PARA A CLASE OBREIRA!




10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega

PASEMOS Á OFENSIVA!

POLOS NOSOS DEREITOS!

A NOSA FORZA É A UNIDADE!


Comunistas da Galiza-PCPE e os Colectivos da Mocidade Comunista acudimos este 10 de marzo para reivindicar hoxe con máis necesidade que nunca a herdanza das loitas do 72 no Ferrol obreiro.

No medio desta crise capitalista, somos a clase traballadora a que máis padecemos a ofensiva despregada polas clases dominantes que buscan unha saída favorábel aos seus intereses. O abaratamento da man de obra, o aumento da explotación e da miseria impostas polos gobernos capitalistas son hoxe unha realidade cotiá á que debe enfrontarse a clase obreira.

É neste contexto de acoso e derribo contra tantas conquistas históricas (a Negociación Colectiva, Sanidade, Educación…) por parte dos distintos gobernos burgueses, cando o 10 de Marzo debe adquirir para nós unha importancia especial. Non abonda xa coa xusta lembranza dos compañeiros Daniel e Amador, senón que temos tamén a obriga de extraer as leccións históricas da loita que ofreceu a nosa clase no ano 72.

A conquista do Convenio Colectivo no Estaleiro, baixo a represión do franquismo, móstranos o papel central da clase obreira como suxeito revolucionario e motor do cambio. A nosa clase, unida na loita, foi quen de arrincar conquistas e vitorias á patronal. Pola contra, cando anos despois entrouse na dinámica do pacto social, de confianza na legalidade burguesa (feita segundo os intereses patronais) ou na suposta "boa vontade" do empresario, na "co-responsabilidade" ante a crise... encadeamos fracaso tras fracaso.

Para as clases dominantes falar de recuperación económica tradúcese
nun aumento dos seus beneficios; e a súa saída á crise, no reinicio da
acumulación sobre a base dunhas condicións laborais escravistas fundadas na sobreexplotación da clase obreira.

Para mudar a situación non abonda cun sinxelo cambio de goberno. Recortes e reformas non responden á incompetencia nin á maldade de tal ou cal gobernante (sexa autonómico, estatal ou europeo), senón ao seu interese como clase de seguir acumulando beneficios ás nosas costas, e esa é a base material a que temos que cambiar. Non podemos deixarnos levar polas promesas de cambio e de mellora das nosas condicións de vida se estas deixan intactas as bases do poder da clase dominante.

Comunistas da Galiza-PCPE e CMC, apostamos por un movemento obreiro á ofensiva, en contraataque permanente contra as políticas do capital, pola recuperación dunha posición de forza que lle permita avanzar tanto na satisfacción das demandas inmediatas como na loita xeral da clase obreira pola emancipación e a construción dunha sociedade onde a propiedade dos medios de produción e a riqueza sexan empregadas en proveito de toda a sociedade.

A forza da clase obreira radica na nosa unidade, e cando esta é sólida e estábel, somos capaces de avanzar e de consolidar as nosas
posicións. Aprendendo da loita do 72, temos que ser capaces de erguer a bandeira do sindicalismo de clase e combativo, e fronte ao sindicalismo cupular do pacto, debemos defender a unidade dos traballadores e traballadoras dende a base, a centralidade das asembleas, e a loita incansábel polo que é noso.

As e os comunistas chamamos ao conxunto dos traballadores e traballadoras conscientes, a aqueles e aquelas que están dispostas a plantar batalla -independentemente da súa adscrición sindical- a unirse pola base e traballar na construción de Comités para a Unidade Obreira no seu centro de traballo e empresa.

Temos que ser conscientes de que os intereses da clase obreira e dos sectores populares empobrecidos, só serán conquistados e garantidos mediante a organización, a coordinación e unificación das loitas en torno a unha fronte de clase que teña por obxectivo a saída da Unión Europea e a loita polo Socialismo-Comunismo.

OU ELES OU NÓS!

TODO PARA A CLASE OBREIRA!

http://pcpe.es/component/k2/item/3188-gz-10-de-marzo-d%C3%ADa-da-clase-obreira-galega.html

    Fecha y hora actual: Jue Nov 23, 2017 9:39 pm