Foro de debate, intercambio y opinión


¿Defendéis los disturbios en Barcelona?

Sondeo

¿Defendéis los disturbios en Barcelona?

[ 60 ]
¿Defendéis los disturbios en Barcelona? - Página 3 Bar_left90%¿Defendéis los disturbios en Barcelona? - Página 3 Bar_right [90%] 
[ 7 ]
¿Defendéis los disturbios en Barcelona? - Página 3 Bar_left10%¿Defendéis los disturbios en Barcelona? - Página 3 Bar_right [10%] 

Votos Totales: 67
Yeremenko
Yeremenko
Revolucionario/a
Revolucionario/a

Cantidad de envíos : 1180
Reputación : 1789
Fecha de inscripción : 19/03/2010
Localización : En Lucha

¿Defendéis los disturbios en Barcelona? - Página 3 Empty Re: ¿Defendéis los disturbios en Barcelona?

Mensaje por Yeremenko el Lun Mar 19, 2012 12:00 am

El movimiento estudiantil goza del privilegio de la independencia de los poderes fácticos, que es lo que más incomoda y preocupa al poder político en estos momentos. Sinceramente, la cuestión de lo político está ya en la calle ante el descrédito que tanto la Casa Real como los masivos casos de corrupción política han causado ante la voluntad popular, pero el origen del movimiento estudiantil es mayoritariamente burgués o pequeñoburgués, debido a la tipología o estructura familiar y social española. El problema es que no ha sido un movimiento homogéneo de momento y su respuesta ha sido dispar a lo largo del territorio nacional. Es un movimiento de izquierda radical, esto es, reformista y, de ningún modo, revolucionario. Surge como respuesta a la violencia y agresión del poder político, cuya naturaleza es dictatorial, porque es la revelación arbitraria que se esconde en el pretexto legislativo y actúa bajo su acción justificadora. Al movimiento estudiantil le falta discurso, enunciado y cohesión. Por ello, cuando los administrados son agredidos y discriminados por la forma de poder político, que interpreta sus demandas como un desafío o pone en cuestión la relación entre sus poderes o los privilegios que se establecen bajo una burocracia de carácter arbitrario, los estudiantes deben reaccionar mediante la violencia coordinada.



Es importante percibir que los sindicatos están seriamente limitados en intentar servir de agentes activos al servicio del proletariado, porque nunca irán más allá de sus propios intereses, porque son víctimas y esclavos de una transición política y de una Constitución o Ley de Leyes que gran parte de los partidos políticos votaron y sellaron en su día, porque creyeron en ese momento que era lo mejor para España, pero lo que realmente lograron fue retrotraer el debate a este punto: el de la calle, donde estamos hoy, y será en la calle donde nos esperarán episodios de gran conflictividad social y política pero, como siempre, ante un amplio espectro neoliberal bien consolidado y sin fisuras al amparo del tradicionalismo católico, del clientelismo, del servilismo, del adoctrinamiento, y una socialdemocracia descafeinada y secuestrada por el Rey, una socialdemocracia capitalista y neoliberal, de la que son partícipes también, la mayor parte de los agentes sociales, en cierto modo.



Es la España de siempre, una España en la que la historia se vuelve a contar del mismo modo ante un mismo escenario pero con diferentes actores entre los estudiantes que, sinceramente, creo que no son conscientes de la gran capacidad de influencia política que podrían tener si se organizasen de forma coherente y unitaria.

Salud.
Yeremenko
Yeremenko
Revolucionario/a
Revolucionario/a

Cantidad de envíos : 1180
Reputación : 1789
Fecha de inscripción : 19/03/2010
Localización : En Lucha

¿Defendéis los disturbios en Barcelona? - Página 3 Empty Re: ¿Defendéis los disturbios en Barcelona?

Mensaje por Yeremenko el Lun Mar 19, 2012 2:53 pm

(Aplicar el traductor de google, gracias Smile )

Sobre a violencia estudantil


Pode chocar, a bote pronto, o uso da verba “violencia” no meu escrito anterior sobre o movemento estudantil. Moitas das persoas que a lean, establecerán unha interpretación baseada na lexitimación da violencia coma resposta a unha reivindicación, en certo modo xusta por parte dun colectivo: os estudantes neste caso, pero tamén de todas as persoas que non teñen boas perspectivas de cara ao futuro: nin laborais, nin no que ao seu benestar social se refire. Tentei de razoar, dende o meu punto de vista, de cómo o estado exerce un tipo de violencia sobre os individuos. De feito, a natureza do “poder” político é mando, ditadura; a forma máis sutil de ditadura é a democracia de carácter burgués. De feito, Julien Freund no Concepto do Político afirma que: “Es vano esperar que lo político pueda hacerse absolutamente igualitario”, porque a cuestión do político se significa na xerarquía, no mando, no dominio, no “Estado”. A democracia burguesa está amparada pola monarquía parlamentaria no caso español: un caso excepcional no mundo dado que o rei de España foi designado, como todos sabemos, por un xeneral que se sublevou o 18 de xullo de 1.936 contra unha república de orixe burgués –non revolucionario- electa por sufraxio. Foi un militar que practicou o xenocidio sobre a poboación civil en certos períodos durante os case que 40 anos de réxime. Un período que trataba de manter o poder e os privilexios das oligarquías financeiras, os terratenentes, a igrexa católica e os altos estamentos sociais. É unha constante na historia de España a sucesión de diferentes sublevacións de carácter militar ante o mínimo esbozo de igualitarismo, xustiza social, progresismo ou redistribución do benestar social. O mesmo Franco tratou por tódolos medios de evitar o exilio de Afonso XIII, un incompetente monarca que estaba á espera de retornar a España dende Inglaterra sabedor de que, dende o mesmo 1.931, a República sería unha ameaza á estrutura da relación entre as capas e as ramas do poder hexemónico preestablecido.

Os estudantes reaccionan contra a violencia que o estado, na súa natureza, lles inflixe, e que se manifesta fisicamente e de xeito desproporcionado sobre menores de idade nalgúns casos. Menores que se defenden con libros nas mans e cortando unha vía pública. Un xesto de violencia simbólica cunha doble proposta: denunciar publicamente ante a sociedade a esaxerada violencia exercida polo estado e reivindicar o seu malestar pola falta de perspectivas socio-laborais que o sistema político lles nega, ben sexa pola súa patoloxía institucional propia e/ou polos seus defectos de carácter administrativo ante a morea de casos de corrupción que lles outorga pouca credibilidade e que afectan, entre outros, á Coroa. A violencia que os estudantes deben de organizar atende as relacións morais, pero tamén á xustiza e ao dereito. Os fins xustos que perseguen os estudantes poden ser acadados por medios lexítimos. O dereito natural tende a xustificar os medios lexítimos coa xustiza dos fins per se. Curiosamente, a violencia é un elemento que se considera máis perigoso aló onda o dereito lle permite expresarse e manifestarse segundo o ordenamento xurídico. Un claro exemplo é a folga xeral convocada para o día 29. O proletariado é a crase lexitimada para exercer a través dese dereito constitucional a violencia. A crave estará sen dúbida, nas relacións entre o Movemento 15 M, o movemento estudantil e o proletario. De cómo se relacionen esa serie de forzas e colectivos a través dese dereito constitucional e, como diría o profesor Xoan Carlos Monedero, de cómo se integre a parlamentarización dese conflicto, depende que este país poda preservar dereitos socias que están sendo brutalmente vulnerados. Como dixo Hobbes: “¿Acuerdos sin la espada son sólo palabras?...”

Dende unha perspectiva marxista, a función da violencia historicamente era secundaria, porque non era a violencia, senón as contradicións inherentes á sociedade e as influencias endoculturais as que provocaban o seu xurdimento. A violencia era expresada para Marx no seu papel das relacións no proceso de produción polas crases dominantes. Neste caso e en pleno 2012, é no funcionamento de domino do estado nas relacións políticas e laborais.

Na historia contemporánea ¡quén non lembra a reacción dos estudantes universitarios en referencia ao “Estado policial”! e cunha alusión á sociedade de consumo capitalista ou pro-imperialista. Esta xeración de mozos foi estudada por diversos ámbitos da socioloxía atribuíndolle diversas causas que atendían a etioloxías respecto aos seus países e problemáticas concretas: dende a falta de perspectivas laborais a unha excesiva autoridade sobre eles ou a “excesiva liberdade” noutros países. O certo é que o movemento estudantil foi sempre o síntoma da enfermidade dun sistema capitalista incapaz (no caso español corrupto porque afecta aos cimentos da construción da democracia burguesa – A Coroa-) ou carente de suficiencia para resolver as súas demandas. Esperaremos, coma dicía Monedero ou Iñaki Gabilondo –respecto a Monarquía- á deriva dun período turbulento a nivel social e político no que a crise polarizará as ideoloxías, e a falta da cobertura das necesidades fundamentais, poría en perigo a estabilidade social. Por tanto, a violencia sempre será neste caso o síntoma e non o “axente enfermo” da incompetencia política e da violencia da propia natureza do estado.

Un saúdo.


    Fecha y hora actual: Jue Nov 14, 2019 12:03 pm